Riotorto 3 de xaneiro de 2015.- Logo do anuncio da Deputación de Lugo no que atinxe a carretera que comunica Marco de Álvare con As Ródrigas, en Riotorto, o presidente do PP local, Clemente Iglesias, tilda de auténtica chapuza as actuacións anunciadas e alerta da perigosidade que supón para a circulación executar a estrada polo tramo antigo.
O popular denuncia que as presas de última hora non son boas e ao único ao que darán lugar será a creación dunha estrada moi perigosa nese traxecto, cunha curva moi pronunciada, o que suporá un grande risco para os condutores.
Clemente Iglesias critica que en lugar de desenvolver unha escollera en condicións, a Deputación de Lugo optará por deixar a estrada polo tramo vello, converténdoo nun auténtico punto negro.
Neste senso, o popular non entende o despilfarro do Señor Besteiro coa sinatura de convenios excepcionais e sen embargo non pon o diñeiro necesario para facer unha estrada coa máxima seguridade en Riotorto.
O popular denuncia tamén as mentiras do Organismo provincial, quen no informe da Xunta de Goberno Local do día 20 de decembro de 2014, reflicte que a casa está a unha distancia de 20 metros, cando en realidade está a máis de 35 metros dos taludes.
Conclúe o presidente do PP local anunciando que a súa formación pedirá responsabilidades.