Partido Popular de Lugo

O GPP rexeita a moción do BNG que xeraría desigualdades entre as Comunidades de Montes

Lugo, 30 de decembro de 2014.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia,  asegurou esta mañá que votar a favor da iniciativa sobre a condonación de débeda ás comunidades de montes implicaría xerar desigualdades entre estes entes.

É dicir, a popular considera moi difícil de explicar os motivos polos que se debe perdoar o reintegro dos fondos ás comunidades que repoboaron con diñeiro público fronte ás que xa aboaron estas débedas ou ás que plantaron con recursos propios.

Neste senso, a voceira dos populares  explica que a Xunta anticipaba diñeiro para colaborar coas comunidades de montes na plantación ou mantemento das explotacións forestais.

Lembrou que estes convenios teñen carácter voluntario e que a Xunta así con cargo ao seu orzamento, e provinte do diñeiro público e recadado dos impostos de todos os galegos e galegas, realizou este anticipo, pero coa condición de reintegralo.

Ademais, a popular acusou ao BNG de mentir ao acusar a Xunta de querer sacarlle a propiedade aos veciños, xa que a propia Lei de Montes Veciñais establece no seu artigo 2 que os montes veciñais en man común son bens indivisibles, inalienables, imprescritibles e inembargables.

Polo tanto, Candia cualificou esta iniciativa de falta de rigor, demagóxica e perigosa.