Partido Popular de Lugo

A Deputación di non ás alegacións aos orzamentos 2015 presentadas por veciños e Concellos

Lugo, 30 de decembro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular lamentou esta mañá que o equipo de goberno da Deputación de Lugo non aceptase ningunha das 25 alegacións presentadas tanto polos populares, como por veciños e por Concellos.

Nin aprobaron ningunha, nin invitaron a negocialas para sacalas adiante, senón que coa súa política de pasar o rodillo desbotáronas todas”; así o puxo de manifesto a voceira dos populares, Elena Candia, durante o debate da proposta de alegacións.

Candia explicou que estas alegacións pretendían aportar melloras a uns orzamentos provinciais para 2015 nos que se reducen dende 2008 os investimentos reais nun 61% e as transferencias de capital nun 38%. Estas contas, segundo matizou a popular, nin atenden ás peticións dos veciños, nin ás dos concellos, e, a maiores, utilizan os recursos públicos con fins partidistas.

Así, a voceira dos populares enumerou que dicir en contra ás alegacións significa non cumprir coa Lei de Servizos Sociais, non garantir a colaboración e cooperación con todos os concellos da provincia, non crear un plan de obras e servizos máis ambiciosos…

A maiores, dende o GPP búscase que se atendan ás peticións dos veciños por iso presentáronse alegacións para mellorar as infraestruturas como é a do acceso do polígono de Cuíña; a que votan en contra non aceptando a alegación. Tamén din non a un plan de emprego que chegue a todos os concellos da provincia, a plans específicos de infraestruturas na Mariña e na Terra Chá,  a mellorar o servizo de rutas de catamarán, a incrementar as axudas ao sector pesqueiro, a poñer en valor o patrimonio cultural, a aumentar as axudas a igualdade…