A Mariña lucense, 29 de decembro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, explicou que ás máis de 5.000 familias da nosa provincia que son beneficiarias dunha pensión non contributiva volverán a recibir da Xunta o ano próximo -en 2015- unha paga extraordinaria de 206 euros.
Esta paga responde a un acordo do Consello da Xunta do que deu conta o presidente, Alberto Núñez Feijóo, e ten por obxectivo servir de complemento e axuda a aqueles galegos que dispoñan deste tipo de pensións, as máis baixas.
SEN TRÁMITES ADICIONAIS
O Goberno galego investirá preto de 9 millóns de euros nestas axudas no conxunto da comunidade que, segundo aclara Balseiro, se abonarán mediante un pagamento único a través dunha transferencia bancaria que se realizará de oficio nas contas correntes onde estas persoas teñen domiciliado o recibo ordinario da súa prestación. Polo tanto, os beneficiarios non teñen que realizar ningún tipo de solicitude ou trámite adicional.
SO EN TRES COMUNIDADES
Actualmente, só outras tres comunidades autónomas, ademais de Galicia, manteñen un complemento destinado a este colectivo: Andalucía, Cataluña e Estremadura. Galicia é unha das rexións que abona a contía máis elevada aos beneficiarios.
40.000 GALEGOS
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística na provincia de Lugo hai 5.097 beneficiarios de pensións non contributivas xa sexan estas recoñecidas en concepto de invalidez ou de xubilación. En todos estes casos o complemento da Xunta sumarase a contía abonada pola Seguridade Social.
No conxunto da comunidade son máis de 43.000 galegos os beneficiarios dunha pensión non contributiva e, polo tanto, os que recibirán o ano próximo este complemento suplementario da Xunta.
PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS
As pensións non contributivas, inclúe diversas modalidade entre as que están os pensionistas por xubilación ou invalidez, anciáns ou enfermos con incapacidades que xa se reciben axudas periódicas e persoas con discapacidade que cobran o subsidio de garantía de ingresos mínimos, en todo os casos reciben unha pensión pública aínda que non teñan cotizado ou o teñan feito de xeito insuficiente para ter dereito a unha pensión ordinaria.