Partido Popular de Lugo

PP provincial tilda de posta en escena electoral a iniciativa de Besteiro

Lugo 16 de decembro de 2014.- Logo de que esta mañá, o presidente da Deputación e os  sindicatos asinasen un novo acordo que afectará aos traballadores do Ente Provincial, a voceira do PP no Organismo, Elena Candia tildou a iniciativa de “unha clara posta en escena electoral”.

A popular ve nesta iniciativa a preparación de Besteiro da marcha de Deputación de Lugo pero non sen antes deixar blindados os postos de traballos da súa xente e cuns bos niveis e complementos específicos.

Conclúe a popular manfiestando que si tan positivo fose este acordo, estaría avalado por tódolos representantes sindicais, algo que non aconteceu.