Partido Popular de Lugo

PP de A Fonsagrada celebra que o Concello conte cun campo de fútbol pero insiste en que a actuación chega tarde

Fonsagrada 12 de decembro de 2014.- Logo do anuncio de Gómez Besteiro en A Fonsagrada, o voceiro do PP neste concello, Tobías Martínez, mostrou a súa satisfacción polo feito de que, por fin, o municipio conte cun campo de fútbol pero insiste en que a actuación chega tarde.

Martínez lembra que o campo de fútbol é algo que os veciños de A Fonsagrada veñen demandando dende que se puxo en marcha este deporte e lembra que no terreo destinado para este fin xa se levaran a cabo obras. manifesta o popular, quen lembra que a explanación, rede de sumidoiros e drenaxe xa se desenvolveran.

Neste senso, o voceiro dos populares non entende como en vez de seguir e aproveitar as mencionadas construcións se destruíu todo o feito e se volveu a comezar.

Lamenta Tobías Martínez que se leven a cabo os servizos básicos con máis de 30 anos de atraso, comparados con outros Concellos de menos importancia e cita o caso do polígono, a residencia, as piscinas ou a rede de sumidoiros.