Partido Popular de Lugo

GARCÍA PACIN: “A OPOSICIÓN NON LOITA POLOS INTERESES DOS GANDEIROS NO TEMA DE ALIMENTOS LÁCTEOS SENÓN QUE INTENTAN SACAR TALLADA POLÍTICA DA SITUACIÓN”

Santiago, 12 de decembro de 2014.-A voceira de Medio Rural do PPdeG, Isabel García Pacín, resaltou hoxe na Comisión de Agricultura do Parlamento que “a oposición non loita polos intereses dos gandeiros no tema de Alimentos Lácteos, senón que intentan sacar tallada política da situación”. A voceira popular resaltou que “se trata dun tema preocupante, con consecuencias directas en 1000 produtores e máis de 80 empregos directos da factoría, e sobre o que existe unha sentenza que clarexou a verdade pero que os grupos da oposición intentan retorcer, manipular e botar lama na defensa dos seus propios intereses políticos”.

A deputada popular reiterou que “demandan responsabilidades políticas por apoiar decididamente a un sector ao longo destes anos que foi o que fixo a Xunta pero sen ter responsabilidade directa nas decisións das empresas privadas “.

“Acusaron ao Goberno de favorecer un proxecto sen suficiente produción cando era unha iniciativa aberta a outras cooperativas e que se favorecían intereses políticos, cando os concellos nos que se asentan as cooperativas que participaron no proxecto, estaban en mans de distintos partidos” indicou García Pacín para quen “esto é unha forma de terxiversar e manipular aínda que a realidade danos a razón e dende o Grupo Popular entendemos que o Goberno iniciou de xeito riguroso o apoio ao proxecto”.

Tamén recordou a deputada popular que “no apoio a estes proxectos é necesario recordar que estamos tendo 30 millóns de lastres en avais doutras lexislaturas onde outros gobernos apoiaron proxectos e de eso non cuestionan nada os partidos da oposición”.

CENTIMO SANITARIO

A voceira de Medio Rural do Grupo Popular lamentou que a oposición “tan só busque colgarse medallas políticas presentando iniciativas nas que demandan accións que xa se están levando a cabo como é o caso da devolución do céntimo sanitario aos agricultores e gandeiros”.

A deputada popular indicou que “a administración está actuando de xeito áxil habilitando medios específicos e a súa iniciativa non responde a ningunha demanda de cooperativas, asesorías ou gandeiros xa que non hai constancia de problemas nas tramitacións que se están facendo nestes intres” resaltou referíndose a iniciativa do PSOE na Comisión de Agricultura.