Partido Popular de Lugo

O PP acusa aos socialistas de Riotorto de mentir e aseguran que a Xunta non ten ningunha solicitude respecto da obra de Marco de Álvare

O presidente do Partido Popular de Riotorto, Clemente Iglesias, acusa tanto aos socialistas de Riotorto como aos da Deputación Provincial de mentir á hora de asegurar que as obras na estrada de Marco de Álvare foron paralizadas pola ausencia de permisos da Xunta de Galicia.

O popular asegura que non existe na Xunta de Galicia ningunha solicitude respecto a esta infraestrutura polo que di que as afirmacións vertidas polo voceiro do PSOE local no día de hoxe son rotundamente falsas e a única administración responsable da nova paralización destas obras é a Deputación Provincial de Lugo.

Así, tras as declaracións do voceiro dos socialistas locais, o popular recoméndalle a García que non sexa o “tonto útil” do alcalde xa que manifesta a mesma opinión emitida polo rexedor fai cinco días.

Iglesias ve no retraso destes acometidos e nas reiteradas paralizacións, ata en tres ocasións, un dos principais problemas que ten o municipio ao ter en conta, a maiores, que se trata dunha estrada estratéxica e vital para o desenvolvemento económico e o benestar da localidade ao comunicar Riotorto coa cabeceira da comarca que é Meira e coa capital da provincia.

Dado a importancia desta situación, Clemente Iglesias pregúntalle aos socialistas locais se “nesta ocasión non interesa a creación dunha comisión veciñal?”, ou, a caso, engade o popular, “os temas só gozan de importancia dependendo da administración afectada?”.

Por último, os populares lembran que o pasado venres rexistraron a solicitude dun pleno extraordinario co obxecto de debater a moción na que se solicita a reanudación das obras de Marco de Álvare – As Rodrigas. Iglesias explica que se viron obrigados a solicitar este pleno extraordinario tras que o goberno local se negase a debater a moción de urxencia na última sesión ordinaria do un de decembro.