Ribadeo 9 de decembro de 2014.- O PP de Ribadeo organiza para o vindeiro día 13 de decembro unha convención con afiliados, militantes e simpatizantes e a tradicional cea de nadal.
Na convención que terá lugar ás 20:00 horas na Casa do Mar, o presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, arroupado pola formación local, fará un balance anual. Deste xeito, informará aos presentes de tódalas actuacións levadas a cabo pola agrupación ao longo do ano 2014 e explicará as súas previsións, propostas e visións de futuro para desenvolver no municipio.
Ao remate da xuntanza, en torno ás 22:00 horas, terá lugar a tradicional cea de Nadal, que se celebrará no restaurante A Dorada.
Jesús López invita aos ribadenses a participar nestes dous eventos para coñecer de preto todas as actuacións que está levando a cabo o Partido Popular e tamén para pasar agradables momentos na posterior cea de nadal.