Riotorto 5 de decembro de 2014.- O presidente do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, desmentiu “tajantemente” as declaracións levadas a cabo pola Deputación de Lugo no tocante á paralización da estrada Riotorto- Marco de Álvare.
Iglesias manifestou que á Xunta de Galicia non lle consta ningunha solicitude con respecto a esta obra, polo que tildou de falso e mentireiro ao Señor Martínez.
Así as cousas, o popular denunciou as contradicións existentes e continuas entre o alcalde de Riotorto e a Deputación de Lugo. “Mentres Gutiérrez Estoa atribúe a paralización das obras ás condicións meteorolóxicas, o socio de Goberno de Gómez Besteiro, culpa falsamente á Administración Autonómica.
Concluíu o popular informando de que a súa formación rexistrou esta mañá a solicitude do pleno extraordinario para tratar este tema, que considera, moi grave.