Partido Popular de Lugo

O GPP rexistra por escrito as preguntas que Besteiro segue negándose a contestar sobre a Operación Pulpo

O Grupo Provincial do Partido Popular rexistrou esta mañá un escrito dirixido ao presidente da Deputación de Lugo no que se recollen literalmente todas as preguntas formuladas a José Ramón Gómez Besteiro na sesión plenaria extraordinaria e monográfica, celebrada o pasado luns; e na que o GPP non obtivo resposta algunha, tal e como pouideron testemuñar todos os presentes.

Nesta solicitude de resposta ás preguntas plantaxadas polo Grupo Provincial do Partido Popular, cítase a normativa que ampara o dereito de todos os membros da Corporación de ter cantas informacións obren en poder dos servizos provinciais.

Deste xeito, o Regulamento Orgánico de Funcionamento da Deputación forza ao máximo dirixente da administración lucense a resolver, nun prazo de cinco días, a solicitude do Grupo Provincial do Partido Popular.

Os populares, polo tanto, recorren a esta fórmula regulada para que Besteiro asuma a súa responsabilidade política e ofreza, por escrito, as explicacións oportunas tanto á oposición como á cidadanía, esclarecendo en concreto, cada unha das preguntas formuladas.

Evita contestar

As últimas actuacións do socialista demostran que non ten interese en responder, e xeran máis dúbidas  ata o punto de levantar máis sospeitas de que Besteiro ten algo que ocultar aos lucenses. Segundo os populares, queda así de manifesto o mínimo concepto que o socialista entende por transparencia.

O feito de derivar a contestación das preguntas aos plenos ordinarios (un por mes, con opción só a dúas preguntas por grupo político) é un novo exemplo de manobra do presidente provincial para non dar explicacións.

Esta última estratexia de escaqueo únese as levadas a cabo dende o rexistro xudicial: primeiro, celebrou unha autocomparecencia –en versión monólogo- na que contou o que todos sabían e evitou o debate da moción de urxencia do GPP; e segundo, non contesta a ningunha das preguntas plantexadas polos populares no pleno extraordinario do luns; unha sesión na que se acordou por unanimidade que o socialista dea resposta ás preguntas formuladas polos grupos políticos.

Terá que responder

Os populares quixeron deixar claro, unha vez máis, que non existe regulamento en ningunha administración que prohiba a Besteiro responder de xeito inmediato as correspondentes preguntas e tampouco que prohiba darlle voz á oposición.

Dende o Grupo Provincial do Partido Popular explican que dirixen as súas preguntas ao presidente da institución como máximo responsable político das persoas investigadas. Engaden, a maiores, que o amparo no segredo do sumario non é valido como escusa para non esclarecer varios aspectos relativos ás irregularidades postas de manifesto na Deputación, xa que nada ten que ver coa súa xestión e responsabilidade política.

Ao Grupo Provincial do Partido Popular non lle consta que a actuación do presidente estea a ser investigada, polo que se se escuda no secreto de sumario para non responder, ou ben  está a buscar unha desculpa para non contestar ou ben tamén está a ser investigado e lle afecta ao secreto de sumario.