Lugo 2 de decembro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular dará un prazo de 24 horas para que o presidente da Deputación, o socialista Jose Ramón Goméz Besteiro, explique como e cando ten previsto responder ás preguntas que lle formularon sobre a Operación Pulpo.
Os populares consideran que Besteiro perdeu unha oportunidade única, por segunda vez, para ofrecer as explicacións oportunas, tanto á oposición como á cidadanía, sobre as dúbidas que respecto da súa xestión e proceder xurden tras a investigación xudicial iniciada para esclarecer a existencia de presuntos graves delitos (tráfico de influencias, fraude, exaccións ilegais, prevaricación e malversación de caudais públicos)
O Partido Popular sospeita que a negativa de Besteiro, por segunda vez, a explicarse, transcorridos once días desde o rexistro xudicial evidencian a súa falta de transparencia pero sobre todo fan que os populares se pregunten que é o que Besteiro ten que ocultar.
Sinalan tamén que, como puideron comprobar todos os medios de comunicación, no pleno extraordinario de onte, non tiveron resposta a ningunha das preguntas formuladas e nese senso reiteran, que esgotarán todas as fórmulas ao seu alcalce, para que o máximo dirixente asuma a súa responsabilidade política e aclare todas as dúbidas que penden sobre a Deputación.
Por outra banda, desde o Partido Popular quixeron deixar claro que non existe regulamento en ningunha admnistración que prohiba a Besteiro responder de xeito inmediato as correspondentes preguntas e tampouco qu e prohiba darlle voz á oposición.