Partido Popular de Lugo

PP de Lugo pecha na cidade a campaña de prevención da violencia de xénero

Lugo 28 de novembro de 2014.- A cidade da Muralla foi o lugar elixido pola Comisión Provincial da muller do PP de Lugo para clausurar a campaña de prevención da violencia de xénero que a organización iniciou o 24 de novembro de 2013 e se desenvolveu impartindo charlas informativas nas distintas zonas da provincia lucense.

Os/ as populares consideran fundamental que as novas xeracións conten con referentes positivos de outros homes que se involucren neste proceso de visualización de certas realidades que agochan un machismo implícito e manifestan que hai homes implicados na loita pola igualdade, polo que dende o partido, consideran importante mostralos con orgullo.

Pola súa banda, a presidenta da Comisión de Igualdade do PPdeG e Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, manifestou que todas as medidas son insuficientes mentres unha muller viva baixo o medo e a falta de liberdade que iso supón e calquera balance será negativo mentres haxa unha sola muller asasinada por esta causa, posto que isto significa que non viviremos nin disfrutaremos dunha sociedade verdadeiramente democrática, que poida vivir libre e en igualdade.

“Pero non nos enganemos, esta es una loita que so poderemos gañar, entre todos e todas, en igualdade, homes e mulleres, mulleres e homes por iso e necesario romper co silencio que lles destrúe no presente e que temos que evitar no futuro”- esgrimiu.

A coordinadora da Comisión Provincial do PP de Lugo, Mari Teijeiro, asegurou que o remate desta campaña informativa non implica o fin de actividade da Organización. “Non está todo feito, seguiremos traballando en materia de prevención e concienciación”- aseverou.
O Partido Popular reiterou o seu compromiso “de ser axente activo na loita contra os malos tratos ás mulleres, dende as xeracións máis novas da sociedade” e lembrou a finalidade desta campaña, que non foi outra que, mediante o uso simbólico dunhas lentes malvas, ensinar a mirar con outros ollos.

A conferencia desta tarde englóbase na campaña de prevención da violencia de xénero que os/as populares presentaron o pasado 24 de novembro en Lugo e que leva por título “no amor non te cegues, usa as gafas malva”, e que tivo como broche final a sesión celebrada hoxe na capital da provincia, tendo previstas novas accións de loita e prevención.