Partido Popular de Lugo

PP ve favorable que Teresa Romero reciba un recoñecemento pero decidiu absterse polo incorrecto proceder de Martínez

Becerreá 27 de novembro de 2014.- A voceira do PP en Becerreá, María Jesús Roldán, xustificou a abstención no nomeamento de Teresa Romero como filla adoptiva de Becerreá debido a incorrecta maneira de actuar do rexedor

Roldán Rodríguez criticou que malia a estar gobernando en minoría, o señor Martínez negouse a informar e consensuar este nomeamento cos demáis grupos políticos.

Os populares queren deixar claro que ven favorable que Teresa Romero sexa homenaxeada pero insisten en que esta debería ser unha iniciativa conxunta, de todas as forzas políticas.