Fonsagrada 26 de novembro de 2014.- O voceiro do PP en A Fonsagrada, Tobías Martínez, denunciou esta mañá o perigo que supón para os condutores circular pola estrada provincial LU-P- 1905, que discorre entre Carballido e Villardiaz.
O popular fai especial fincapé nos veciños de Carballido posto que son os usuarios máis fieis a este vial xa que fan uso deste, día a día, por ser o menor distancia para viaxar á Fonsagrada.
Tobías Martínez expón que en dita estrada a capa de rodadura reduciuse a menos de tres metros de ancho provocando que ao cruzarse dous vehículos un deles ten que, forzosamente, deterse e apartarse para a zona de terra e prado resbaladizo, supoñendo a perigosidade de desprendemento.alerta.
Conclúe o voceiro denunciando que este tipo de situacións é de pistas forestais e non de estradas.