Partido Popular de Lugo

Os recortes dos orzamentos da Deputación de Lugo para 2015 asustan

Lugo 25 de novembro de 2014.- A voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, denunciou esta mañá no debate dos orzamentos da administración lucense os recortes que presentan as contas para o ano 2015.

En concreto, a popular asegurou que os recortes dende que José Ramón Gómez Besteiro accedeu ao goberno “asustan, dado a diminución de fondos nas partidas máis importantes para a provincia”.

Así, Candia referiu especificamente a un recorte do 61% en investimentos reais (investimento que se pode sustentar en obras e infraestruturas) dende o ano 2008 ao pasar de 40,69 millóns de euros a 15,8 millóns. De cada 100 euros, en 2008, 34 ían para investimentos: mentres que en 2015, de cada 100 euros, só 17 van para investimentos. De igual maneira,  entre o ano 2008 e 2009 deuse un recorte do 38% en transferencias de capital, pasando de 10,7 millóns a 6,6 millóns en 2015.

Así mesmo, se a comparativa se realiza entre 2014 e 2015, podemos falar de diminucións en transferencias correntes en  93.000 euros en áreas como protección e mellora do medio ambiente e turismo en 94.000 euros; tamén recortes en programas como igualdade, mocidade, desenvolvemento empresarial, no Museo do Mar… Mentres, partidas como propaganda siguen a superar o millón de euros ou incrementan os fondos para conferencias, cursos e reunións.

Orzamentos 2015: máis propaganda e promesas e menos feitos

A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, demostrou con datos que a administración provincial desoeu aos veciños nos orzamentos de 2015, ao non incrementar considerablemente as partidas que, segundo manifestan dende a Deputación, priorizaron os veciños: emprego, infraestruturas e servizos sociais.

“Estamos ante os orzamentos da propaganda e das promesas, pero non dos feitos”, explicou Candia, quen lembrou que a Deputación Provincial de Lugo gastou en torno a 130.000 euros para elaborar uns orzamentos participativos que “son unha farsa”.

A partida de infraestruturas no ano 2015 (Estradas, POS e Infraestruturas de Interese Veciñal) suma 11,5 millóns; pero xa no 2008 (cando non era unha petición dos veciños), só en investimentos reais, o programa de Estradas e Camiños orzamentaba 22,25 millóns. “Estamos a falar dun recorte do 48,20% en infraestruturas dende 2008”. A maiores, “consideran vostedes priorizadas as peticións dos veciños cando nos orzamentos do 2014 un 11,9% do total dirixiuse a infraestruturas e este ano dirixise un 12,8%?. En que cambiaron os orzamentos?”.

A mesma situación se dá na partida de fomento do emprego. “Destinou o ano pasado un 7,3% do orzamento a fomento do emprego e este ano destina un 7,7%, pero a maiores, se miramos cara o ano 2010, -modificación orzamentaria en decembro de 2010-, que interesaba o emprego de novo por motivos electorais, o investimento foi de 8,6 millóns e este ano de 6,9 millóns de euros”.

De igual maneira, a mesma situación se repite en servizos sociais e promoción social, o ascenso só foi de 3,1 millóns (2014) a 3,3 millóns (2015), contabilizando as modificacións orzamentarias.

Partidismo

Os orzamentos da Deputación volven a ser partidistas, así en subvencións nominativas reparten 265.500 euros, dos que 223.500, é dicir, un 84,2% son para concellos do PSOE e do BNG, e 42.000 euros (15,8%) para os do PP.