Partido Popular de Lugo

O PP enmenda os Orzamentos de Besteiro

Lugo 24 de novembro de 2014.- O grupo provincial popular presentará doce enmendas aos orzamentos da Deputación de Lugo para o ano 2015.

Entre outras, os populares solicitan o incremento na partida de investimentos reais para elaborar dous plans específicos de mellora das estradas provinciais na comarca da Ribeira Sacra e de A Mariña.

Con respecto a zona do Lemos, os populares denuncian o estado das estradas da zona e urxen as reparacións inmediatas. Citan, entre outras, as deficiencias na CP 5903 de Sober a Doade, a CP 5904 de Sober, por Gundivós, a Vilachá e Accesos a Santa Cruz e Sanmil, a CP 4105, de Acebre ao Apeadero de Areas ou a CP 4109 de Ferreira a Goian. 

No que atinxe a zona de A Mariña, o grupo provincial popular insiste en que son necesarias actuacións en infraestructuras nos accesos ás praias de Barreiros e Ribadeo para que estas infraestructuas reúnan condicións requiridas tanto para asegurar o desconxestionamento do tráfico como para salvagardar a integridade dos peóns.

Dentro da política de Gastos Servizos Sociais e Promoción Social, o grupo provincial pide que se incremente o crédito necesario para garantir o cumprimento da Lei de Servizos Sociais de Galicia. Insiste o PP que a Deputación ten que asumir o custe do SAF en Concellos de menos de 20.000 habitantes, así como o financiamento aos ditos municipios para a contratación de persoal dos equipos con perfís profesionais diferentes e complementarios aos do profesional de referencia que se regula no artigo 37 do decreto.

No que atinxe ao POS (Plan de Obras e Servizos) o PP pide que se elabore un documento máis ambicioso e que permita cumprir coas obrigas que esixe a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local, garantindo a asistencia económica cos Concellos.

Os populares tamén solitan o incremento nas axudas ás confrarías lucenses e se elabore unha liña de axudas para a Federación Provincial das mesmas e piden tamén que se garanta un plan de emprego regulado por unhas bases que permitan participar aos 67 concellos da provincia e poidan concorrer na selección de tódolos desempregados.

O PP tamén esixe un programa das posta en valor do Patrimonio da Deputación para reactivar os inmobles provinciais e dote económicamente un programa de posta en valor do patrimonio do Organismo Provincial, de xeito que a reactivación dos inmobles, como son o Mirador de Mondoñedo, a Casona de O Incio ou o complexo de Aguas Mestas, xeren riqueza nos lugares que se asentan.