Mondoñedo, 21 de novembro de 2014.- A presidenta e portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, agradeceu hoxe publicamente que o Ministerio de Fomento que acometa a mellora do firme da Nacional-634 ao seu paso polo municipio.
A popular quixo poñer en valor a mellora dunha estrada moi transitada polos mindonienses para acceder á autovía do Cantábrico e para comunicar varias parroquias do concello. Tamén, explicou, é o tramo alternativo empregado pola Dirección Xeral de Tráfico cando se producen episodios de néboas intensas na A-8, ata que rematen os traballos definitivos de mellora da seguridade viaria.
Candia aproveita para insistir na importancia de seguir reforzando as medidas de seguridade da A8 pero sinala que, desde o punto de vista dos mindonienses, o prioritario para esta localidade e garantir o bo estado da N-634, polo que aplaude a iniciativa impulsada por Fomento.
REHABILITACIÓN, REPINTADO E NOVO BALIZAMENTO
As obras consistirán na rehabilitación integral do firme, no tramo comprendido entre os enlaces da A-8 en Mondoñedo (PK-536 e PK-552), e A Xesta, son 16 quilómetros nos que ademais da reposición da capa de rodadura, se procederá ao repintado das marcas viarias e a incorporar novo balizamento. Hoxe mesmo xa se podía observar a sinalización das obras e as máquinas dispostas para executar estes traballos.
Candia sinala, finalmente, que as administracións gobernadas polo Partido Popular cumpren os compromisos adquiridos con Mondoñedo o que desminte e deixa en evidencia ás continuas críticas do alcalde, cando asegura que o PP non fai nada por este concello.