Partido Popular de Lugo

O alcalde de Burela afirma que “o acceso ó porto comenza a ser unha realidade”

Burela, a 21 de novembro de 2014.-  O alcalde de Burela, José María González Barcia, afirmou onte, nunha reunión co veciños e veciñas da zona centro de Burela celebrada no bar Don Jamón, que “o acceso ó porto xa comenza a ser unha realidade gracias ó compromiso da Xunta de Núñez Feijoo e ó traballo feito polo  equipo de goberno burelés, que fumos quen de sacar adiante un Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que posibilita que esta obra, vital para o desenvolvemento de Burela, poida concretarse”.

González Barcia dixo tamén que “sempre quedarán aqueles que afirmen que o acceso ó porto non se rematará, ou que o servicio de oncoloxía do Hospital non durará moito; os que eso afirman, son os negativistas sistemáticos, os perdedores, e os que, o peor de todo, tensionan á sociedade con marcados fins políticos; pois ben, os que así obran están sendo xa desenmascarados e se tiveran vergoña recoñecerían o que xa se ve que son realidades”.

O alcalde burelés, que acudiu á reunión acompañado de membros do seu equipo de goberno, asegurou que “dos principais obxectivos que nos marcamos no noso programa electoral de 2011, o noventa por cento ou está executado ou en vías de execución: PXOM, recuperación das subvencións, nova escola infantil, acceso ó porto, etc., son realidades que cada vez percibe máis xente, e pola contra cada vez menos xente é incapaz de ver”.

Finalmente, Barcia afirmou que “fronte a unha oposición desmenbrada e pouco rigurosa, que se move sen criterio e sen ofrecer ningunha alternativa seria, contamos cun equipo de goberno que actúa con rigor, que planificou o traballo desde o comenzo do mandato municipal, e que agora vé como o traballo previo se transforma en realidades”.

Barcia fixo estas manifestacións nunha das reunión programadas polo PP polos distintos barrios de Burela, para expoñer actuacións e recoller suxerencias e críticas. A vindeira reunión con veciños e veciñas será no barrio de O Campón, no Mesón do Poeta, o martes día vintecinco, ás oito da tarde.