Partido Popular de Lugo

O PP de Ribadeo inicia unha ronda de xuntanzas para informar do PXOM

Ribadeo, 20 de novembro de 2014.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, anunciou esta mañá que a formación política inicia unha ronda de xuntanzas para informar do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Os populares percorrerán as parroquias ribadenses e explicaranlle aos veciños o recén aprobado plan. Ditas xuntanzas comezarán o vindeiro xoves, día 27 de novembro, en Villaseán e Piñeira e rematarán o venres, 12 de decembro, en Rochela e A Devesa.

López Penabad lembra aos veciños que a sede dos populares en Ribadeo estará aberta para calquera dúbida ou consulta tódolos mércores de 19:30 a 21:30.

ALMANAQUE DE XUNTANZAS

Xoves 27 de novembro: ás 20:30 Villaselán. Ás 21:30 Piñeira.

Venres 28  novembro: ás 20:30 As Anzas. Ás 21:30 Cubelas

Luns 1 decembro: ás 20:30 Ove. Ás 21:30 Vilela

Martes 2 decembro: ás 21:30 Noceda. Ás 22:00 Remourelle

Mércores 3 decembro: Sede PP Ribadeo de 19:30 a 21:30

Xoves 4 decembro: ás 21:30 Piñeiro. Ás 22:00 Cedofeita

Venres 5 decembro: ás 21:30 Villamariz. Ás 22:00 Arante

Martes 9 decembro: ás 20:30 Rinlo. Ás 21:30 Villaframil

Mércores 10 decembro: Sede PP Ribadeo de 19:30 a 21:30

Xoves 11 decembro: ás 21:30 Couxela. Ás 22:00 Santalla de Vilaosende

Venres 12 decembro: ás 21:30 Rochela. Ás 22:00 A Devesa