Partido Popular de Lugo

Teixido envía a Besteiro un informe para que corrixa as deficiencias en dúas rúas de Guitiriz e entregue as obras ao Concello

Guitiriz, 18 de novembro de 2014.- Logo de que o pasado día 21 de outubro ningún representante da Deputación de Lugo acudise á convocatoria de recepción das obras guitiricenses Deputación e Mercado e despois de que o Concello de Guitiriz recibise da Xefatura Territorial de Industria un escrito indicando as deficiencias presentes nesas estradas,  o rexedor, Xosé María Teixido envía un informe ao presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, para que corrixa as deficiencias nas dúas rúas da vila e logo entregue as obras ao Concello

Neste senso, Teixido urxe a Besteiro a que entregue, dunha vez, ditas obras ao Concello para que “poidamos facernos cargo do seu mantemento ordinario e exercer con normalidade as  competencias sobre esas rúas”.

Asemade o popular tamén insta ao socialista a dar a cara, a respectar a autonomía local e as competencias do Concello de Guitiriz, así como a subsanar as graves irregularidades e deficiencias de ámbalas rúas.

Por outra banda, Xosé María Teixido manifesta que a realidade dos feitos impóñense e acaban superando ao deputado delegado, Manuel Martínez, “que debería deixar o asunto e a súa resolución (que é política) en mans do Presidente da Deputación e non nunha “comisión de traballo” – conclúe.