Burela, a 17 de novembro de 2014.- O alcalde de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe nunha reunión con veciños do barrio de Os Castros que “o traballo que fixemos en tres anos comenza a dar froitos: a nova escola infantil, o acceso ó porto e a próxima ampliación do Hospital non serían posibles sen que tivéramos aprobado o Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)”.
González Barcia, xunto con membros do seu grupo de goberno e da dirección local do PP celebraron hoxe, luns, a terceira das seis reunións con veciños que teñen programadas para este mes de novembro. Neste caso, tivo lugar no barrio de Os Castros e asistiron unhas trinta persoas.
Sen citar a ningún partido político ó longo da súa intervención, Barcia foi tallante na súa intervención, e en todo momento explicou sen rodeos as casuísticas das cuestións que lle foron plantexadas.
O alcalde burelés salientou “a enorme importancia da posta en marcha do servicio de oncoloxía no Hospital, o que nos dá un plus de calidade asistencial, xa que se pasará de ir a Lugo ou a A Coruña a quedarse en Burela, co que se gaña en todos as aspectos”.
Con todo, foi directamente ó grano no que se refire á afectación do PXOM a efectos de contribución urbana, e con planos sobre da mesa deixou claro que a afectación vai ser positiva para moitos propietarios que antes tributaban por urbana sen poder edificar, e agora tributarán como rústica.
González Barcia, que se mostrou mui satisfeito pola notable asistencia de veciños, tamén respostou ás preguntas formuladas polos asistentes sobre desbroce de camiños, ou recuperación de puntos de alumiado público, entre outras cousas.
O PP burelés, que se mostra satisfeito coa asistencia de veciños ás tres reunión que leva celebradas, continuará a ronda de reunión este vindeiro xoves, día 20, ás oito da tarde, no Bar Don Jamón.
Posteriormente, os populares teñen previsto realizar outras dúas máis, no barrio de O Campón e no barrio do Porto.