Mondoñedo, 15 de novembro do 2014- O PP de Mondoñedo pedirá no vindeiro pleno ao Equipo de Goberno que explique, con claridade e demostre documentalmente, que ten acadado unha prórroga para a posta en marcha do proxecto de Vilar, toda vez que o documento público de cesión daba un prazo de 10 anos que rematou en novembro do 2013.
Os populares informan que non lles consta ese novo documento que prorrogue ou reflicte un novo prazo polo que manifestan que de non existir, podería conlevar irregularidades na ultima subvención acadada para as obras, toda vez que se executan as mesmas cando xa non se tiña acreditada a dispoñibilidade de terreos e tendo en conta que esa subvención conlevaba a execución de obras e no replanteo previo, din, debe conlevar a certificación da dispoñibilidade de terreos.
Reparo de Secretaria
Neste momento o que si esta asegurado por parte do grupo municipal popular e que a secretaria, reparou o pago de facturas nesta subvención.
“Advirte e reflicte esta desconformidade en certificado de data 13 de xuño do 2014 por entender que diversos gastos da actividade subvencionada que foron articulados como contratos menores a xuízo da mesma, deberían ser tramitados como un único expediente ao tratarse de prestacións que consideradas conxuntamente forman unha unidade funcional”- manifestan os populares.
Futuro do proxecto
O PP mindoniense, con esta petición en pleno, quere que se clarifique o futuro dun proxecto iniciado en 2003 e que foi rehabilitado con varios obradoiros de emprego.
“Preocúpanos especialmente a falta de claridade por parte do Sr. Alcalde e do Equipo de Goberno, as promesas incumpridas nos prazos da posta en funcionamento, pero sobre todo, a falta de respaldo documental dos acordos que anunciou o Equipo de Goberno en medios de comunicación cos que chegara coa familia
Posible reversión
O PP de Mondoñedo advirte que de non existir acordo estariamos na preocupante situación de que a familia podería solicitar a reversión en calquera momento e dado que o prazo rematou en novembro do 2013 significaría tamén que os 163.138.65 euros de diñeiro público da última subvención se investiron sen ter a garantía de dispoñer dos terreos. Os populares agardan unha aclaración na vindeira sesión plenaria.