Primeiro.- Non temos constancia de denuncia algunha de militantes da nosa organización política descontentos coa xestión municipal e, moito menos, da convocatoria ou celebración de encontros ou xuntanzas, promovidos polos nosos militantes, dirixidas a impulsar unha candidatura independente.
Segundo.- Sospeitamos que este tipo de movementos responden máis a intereses doutras forzas políticas alleas ao Partido Popular, co único e indisimulado obxectivo de deteriorar o traballo e a imaxe da nosa formación política, así como a xestión do Goberno municipal que fixo posible un cambio a mellor en Guitiriz, do que son perfectamente coñecedores e esta a ser valorado polas veciñas e veciños no noso concello.
Terceiro.- Entendemos que no caso de que fora preciso dar conta dalgún tipo de denuncia por parte dalgún dos nosos militantes, esta non se ampararía no anonimato ou baixo o paraugas de colectivos difusos, senón que se efectuaría a través das canles de participación habituais que o Partido Popular pon a disposición dos seus militantes, e se faría con nomes e apelidos.