Santiago, 07 de novembro de 2014.- O Partido Popular de Mariña lucense considera que os integrantes da Plataforma Sanitaria, conformada por PSOE e BNG e sindicatos afíns, son “os únicos na comarca” que din descoñecer o proxecto de ampliación do Hospital da Costa impulsado polo goberno que preside Alberto Núñez Feijóo.
Os populares lembran que as liñas mestras do Plan director para a ampliación do centro, presentado ante os traballadores o pasado 6 de outubro directamente pola conselleira de Sanidade Rocío Mosquera e o arquitecto encargado, establece un cronograma moi concreto para executar estas obras, e cada un dos pasos a seguir para renovar e ampliar as actuais instalacións e construír o novo parking
2015: ANO CLAVE
Desde o Partido Popular sinalan que 2015 será un período clave para este proxecto xa que ao longo do vindeiro ano se presentará o Plan director actualmente en redacción, se licitará e adxudicará o proxecto construtivo e empezarán as obras.
Os populares que lembran os orzamentos da Xunta reservan unha partida dotada cun millón de euros para estes obxectivos, volven a insistir en que as obras se pagan despois de facerse e de aí que as consignacións máis cuantiosas se presupostarán ao final das mesmas. O proxecto de ampliación contempla 37 meses de execución, para actuar en 13.896 metros cadrados: 4.959 m2 en obras para novas superficies, 3.687 m2 para reformas, 5.250 m2 para no novo parking
TERÍAN QUE PEDIR PERDÓN
Desde o Partido Popular volven a insistir que a Plataforma Sanitaria actúa ao ditado dos partidos políticos da oposición que a integran e, en consecuencia, sempre están en contra de todo, porque nunca creron no Hospital da Costa: co discurso do medo dando por feito o seu falso peche e agora poñendo en dúbida os proxectos de mellora impulsados pola Xunta. Insisten en que, por esta actitude obstrucionista e desconfiada terían que pedir perdón aos veciños da comarca