Partido Popular de Lugo

Os socialistas molestos coa alta inversión da Xunta nas infraestruturas lucenses

Lugo, 05 de novembro de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, vén de denunciar as palabras do portavoz de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen esta mañá no Parlamento, no transcurso do debate sobre os orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, amosouse claramente molesto coa alta inversión da Xunta nas infraestruturas lucenses, en vez de ter apostado polo corredor do Morrazo

“Meten gran cantidade de recursos, por exemplo, nos chama a atención, no corredor Sarria-Nadela, 19 millóns de euros para executar no ano 2015” –dixo Bugallo, á vez que preguntaba literalmente- “¿cal vai a ser a intensidade diaria media de vehículos que circulan por esa vía comparada coas do Morrazo? ¿Hai máis ou menos?”

PARA O PSOE INVESTIR EN LUGO NON É UNHA PRIORIDADE

O secretario provincial dos populares lucenses cualifican estas afirmacións de Bugallo de profundamente erradas e lamentan que para o PSOE, a diferenza da Xunta, non sexa unha prioridade investir nos grandes proxectos de comunicación por estrada na provincia de Lugo.

Balseiro considera que as palabras de Bugallo demostran certa inquira e envexa pola alta inversión da Xunta en Lugo que, por decisión do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo será, un ano máis en 2015, a provincia galega que máis investimento por habitante.

Á súa vez, o dirixente popular di que estas afirmacións de Bugallo deixan en moi mal lugar aos socialistas lucenses que, aquí din defender que se incremente a inversión en estradas, mentres que en Santiago, amósanse molestos e sorprendidos pola gran cantidade de recursos que os orzamentos da Xunta destinan para as infraestruturas viarias lucenses