Partido Popular de Lugo

O PP proclama a López Penabad candidato á alcaldía de Ribadeo

Ribadeo 6 de novembro de 2014.- O PP designou esta tarde a Jesús López Penabad candidato á alcaldía de Ribadeo. Foi o presidente provincial, José Manuel Barreiro, acompañado do secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, o encargado de facer pública a proclamación.

Nunha rolda de prensa celebrada esta tarde na sede local dos populares de Ribadeo, Barreiro insistiu en que Ribadeo precisa un cambio urxente e afirmou que Jesús López Penabad é a persoa axeitada e capaz para logralo.

O líder dos populares lucenses definiu ao alcaldable como un candidato transparente, claro, traballador, cercano e humilde e insistiu en que conta coas cualidades axeitadas para facer de Ribadeo unha cidade como se merece.

Pola súa banda, López Penabad manifestou a honra que representa para él a súa designación e a responsabilidade que recae na súa persoa como cabeza de lista para gañar Ribadeo e aplicar as políticas do PP “para levar o noso Concello pola senda emprendida do progreso e benestar”.

BIOGRAFÍA JESÚS LÓPEZ PENABAD

Natural de Ribadeo ten 43 anos. É Enxeñeiro Técnico Forestal pola Universidade de Santiago de Compostela (Campus Lugo) coa especialidade de Explotacións Forestais.

Afiliado ao Partido Popular desde 2004, foi concelleiro na corporación de Ribadeo durante o período 2007 a 2011 e actualmente preside o PP de Ribadeo.