Viveiro, 6 de novembro de 2014.- O que fai nove meses era elixido presidente do PP de Viveiro foi hoxe proclamado candidato á alcaldía do municipio.
Antonio Bouza Rodil (A Pontenova, 1966) é o segundo candidato que dá a coñecer o Partido Popular na provincia de Lugo. Foi presentado nunha rolda de prensa ofrecida polo presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, acompañado do secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro.
Barreiro presentou a Antonio Bouza como “á persoa axeitada e capaz de volver a facer de Viveiro un referente en toda a provincia e Galicia”. O popular manifestou que cando Viveiro estaba gobernado por un Goberno do PP medraba e era un referente a nivel provincial e autonómico; situación, dixo, que nada ten que ver coa actual, posto que nestes anos e co actual Goberno, a cidade do Landro, deixou de ser un referente e é coñecida por facer mal as cousas.
O recén elixido candidato, Antonio Bouza, afirmou que “pretendemos configurar un equipo renovado e unido, partindo da base que temos, cuxo obxectivo é conseguir a alcaldía”.
“O actual Goberno fixo que Viveiro deixase de ser un referente en A Mariña”- lamentou o popular, quen mostrou a súa disposición de traballar, traballar e traballar, dende a unión e o esforzo colectivo. Viveiro é mellor dende o PP; facemos falta todos”, manifestou.
BIOGRAFÍA ANTONIO BOUZA
Antonio Bouza naceu o xullo 10 de xullo de 1966 en A Pontenova. Licenciado en maxisterio, e especializado en Lingua Inglesa, pola Universidade de Santiago de Compostela, Campus Lugo, está casado e ten dous fillos.
Actualmente exerce de mestre no Colexio Lois Tobío de Viveiro
EXPERIENCIA POLÍTICA
No eido político, foi edil en Viveiro na lexislatura 2003-2007. Dentro do Comité Executivo Local foi responsable de deportes e, actualmente, é o voceiro do PP no Concello de Viveiro.