Partido Popular de Lugo

BALSEIRO LEMBRA QUE O PSOE NON APOIOU A INICIATIVA PARLAMENTARIA DO PP PARA A POSTA EN MARCHA DA SALA DE QUIMIOTERAPIA NA MARIÑA

Burela, 05 de novembro de 2014.- O deputado do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro lembrou que o PSOE non apoiou a iniciativa parlamentaria do PP dirixida á posta en marcha da nova sala de tratamentos de quimioterapia no Hospital da Costa.

En concreto, o 10 de outubro de 2013 a Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia, debatía a iniciativa defendida por Jose Manuel Balseiro para que os pacientes con cancro poidan recibir o seu tratamento de quimioterapia en Burela e, daquela, o acordo definitivo só contou cos votos favorables de PP e BNG.

Balseiro amósase sorprendido de que os socialistas pidan agora aquilo que negaron cando eran Goberno (durante toda a lexislatura do bipartito) e tamén un novo servizo cuxa posta en marcha non apoiaron cando a iniciativa foi debatida no Parlamento de Galicia

O deputado popular volve a cualificar de tremendamente necesaria a creación do novo hospital de día oncolóxico, en cuxo últimos trámites traballan desde o Hospital da Costa e desde o SERGAS, e rexeitou que se poida cualificar de electoralista poñer en marcha un novo servizo que atende a unha necesidade social e xusta: a de evitar desprazamentos ata Lugo ou á Coruña para recibir tratamentos químicos contra o cancro, que se poden ofrecer con iguais garantías de calidade e maior confortabildiade desde Burela.

“Estean ou non as eleccións próximas non vamos a deixar de poñer en marcha este hospital de día oncolóxico si estamos en disposición técnica de facelo. Os pacientes son o primeiro”- concluíu Balseiro.