Guitiriz, 4 de novembro de 2014.- Logo de que no día de onte a plataforma “Falemos Claro” rexistrara no Concello de Guitiriz un escrito sobre o futuro xeriátrico, Xosé María Teixido manifestou que está disposto a dialogar coa Plataforma “Falemos Claro” pero adianta que o Equipo de Goberno Local xa lle presentou a Deputación de Lugo unha memoria para a construción do xeriátrico.
O popular quixo deixar moi claro que se representantes da Plataforma queren acceder a Casa da Botica poden facelo pero advirte que si acontece algún incidente, o Concello non se fará responsable.
Teixido lembra que o compromiso da Deputación foi construír e xestionar unha residencia no pobo pero que a proposta do Ente Provincial é ilegal, xa que vulnera a normativa urbanística municipal vixente, non cumpre cos condicionantes impostos por Patrimonio e presenta deficiencias administrativas, polo que os populares enviaron unha proposta técnica á Deputación para que corrixise os erros existentes no seu proxecto pero esta non responde e mantense muda.
Conclúe Xosé María Teixido insistindo en que o Goberno Local non renunciará a residencia e seguirá traballando para que os guitiricenses conten con dita infraestrutura.