Partido Popular de Lugo

O PSOE e BNG na Deputación de Lugo néganse a censurar as declaracións de Veiga en apoio ao presunto autor do atentado de Baralla

Lugo 28 de outubro de 2014.- O eguipo de goberno da Deputación de Lugo (PSOE e BNG), que preside José Ramón Gómez Besteiro, negouse esta mañá durante o transcurso da sesión plenaria a censurar as declaracións do seu vicepresidente, o nacionalista Antón Veiga, en apoio ao presunto autor do atentado perpretado en Baralla.

Os populares aseguraron “enerxicamente” que este tipo de opinións “non poden ser permitidas a un representante dunha institución pública”, polo que “considerábamos necesario trasladarlle á cidadanía a mensaxe de que isto está mal e que era necesario pedir desculpas”.

Os populares non chegan a entender que esta afirmación non fose correxida e deixan na conciencia de socialistas e nacionalistas a “non condea a unhas declaracións de ánimo a un presunto membro de Resistencia Galega”.

Dende o Grupo Provincial do Partido Popular lembraron tamén que o BNG tanto no Parlamento de Galicia como na Deputación non aceptou mocións que condeaban a Resistencia Galega e critican que os socialistas “acepten declaracións de solidariedade a presuntos terroristas, só por manterse no goberno da Deputación”, – O PSOE goberna en coalición co BNG na administración provincial-.