Partido Popular de Lugo

O Grupo Municipal do PP comenza mañán as reunión con veciños polos barrios

Burela, a 27 de outubro de 2014.- O Grupo Municipal do PP burelés e membros da Xunta Directiva local comenzarán mañá  martes unha serie de reunións con veciños polos barrios da localidade, para explicar polo miudo as actuacións máis destacadas que se están levando actualmente ou se levarán a cabo nun futuro inmediato. Esta primeira reunión terá lugar no Restaurante Os Remos, ás oito e media da tarde.

O alcalde e presidente da agrupación local, José María González Barcia, manifestou que “explicaremos detidamente cuestións que son de enorme importancia para os veciños e para a nosa vila: as obras da nova escola infantil, as obras de acceso ó porto, a ampliación do Hospital, ou a repersución favorable para un bon número de veciños do Plan Xeral de Ordenación na contribución”.

Barcia destacou que “tamén hai outras actuacións de tipo menor pero tamén mui importantes, coma as medidas de aforro enerxético que temos feito, a reparación de rúas dentro dunhas semanas, ou a actuación no recinto deportivo de A Marosa, entre outras, das que tamén informaremos con detenimento”.

“Pero tamén facemos as reunións para que os veciños nos faigan as críticas e as críticas que estimen oportunas, afirmou o rexedor, xa que os veciños teñen todo o dereito do mundo a expresar as súas inquedanzas”.

José María González Barcia anima ós veciños a asistir a estas reunión, “reunión que o PP fai habitualmente un par de veces durante o ano, e que nos permiten estar en contacto coa cidadanía”.