Partido Popular de Lugo

PP de Negueira pregunta por que se paralizaron as obras nas pistas e no entorno da parte de arriba do pobo

Negueira de Muñiz 23 de outubro de 2014.- O voceiro do PP en Negueira de Muñiz, José María Braña, pregúntase por que o rexedor paralizou as obras nas pistas e no entorno da parte de arriba do municipio.

O popular informou que fai catro anos empezouse a acondicionar e reparar unhas pistas nesta parte de pobo pero a día de hoxe está todo paralizado e sen rematar.

Afirmou o popular que o rexedor da vila minte cando manifesta que en Negueira de Muñiz hai tantas luces coma xente e mencionou pobos como Sarceaga, onde se atopan tres casas habitadas que comparten unha sola farola ou Pieiga, onde no centro do pobo no existe unha sola luz.