Partido Popular de Lugo

O GRUPO POPULAR ELEVA A MÁIS DE 21 MILLÓNS DE EUROS OS INVESTIMENTOS DA XUNTA CON DESTINO CONCRETO NA MARIÑA LUCENSE

Viveiro, 23 de outubro de 2014.- Os orzamentos da Xunta en 2015 contemplan obras con destino concreto na Mariña lucense por máis de 21 millóns de euros. Trátase dun dos investimentos máis relevantes na historia desta comarca, centrados en impulsar proxectos estratéxicos clave como son a mellora das comunicacións ou o inicio da obra de ampliación do Hospital da Costa.

A estes investimentos con “nomes e apelidos” que se achegarán á Mariña, hai que engadir outras moitas partidas xenéricas que tamén se destinarán á comarca incrementando significativamente os apoios da Xunta.

REPASO ÁS OBRAS MÁIS SALIENTABLES

Así o explicaron os deputados do Grupo Parlamentario Popular Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, acompañados por alcaldes e portavoces desta formación política, nunha rolda de prensa na que analizaron máis polo miúdo as contas autonómicas para o ano próximo.

Os populares falaron dun dos apoios máis salientables da historia recente que permitirá respaldar, entre outras, varias actuacións pendentes de gran importancia para A Mariña como son:

• A licitación, adxudicación e inicio das obras de ampliación do hospital (1 millón de euros)
• A continuación do treito entre Celeiro e San Ciprián do corredor da Costa (case 10 millóns de euros)
• O remate das obras de acceso ao Porto de Burela (6 millóns de euros)

“Estes dous últimos casos son o segundo e terceiro investimento máis cuantioso da provincia, superado solo polo corredor de Sarria”, concretaron.

Por outra banda, ás partidas xa coñecidas de:

• 1,3 millóns de euros para as depuradoras de Ribadeo e Alfoz
• 334.253,68 euros para a residencia e centro de día de Foz

Hai que sumar outras achegas como:

• 415.000 euros  para o consorcio de abastecemento conxunto Cervo-Burela
• Preto de 2 millóns de euros garanten a total operatividade 24h/365 días do Servizo de Gardacostas de Viveiro
• 105.000 euros para o Centro de Investigación Mariña de Ribadeo
• 26.975 euros  para o Centro de Formación agraria Pedro Murias
• 163.196,20 e 3.250 euros para os polígonos industriais de A Pontenova e Viveiro respectivamente
• 500.000 euros para o convenio de regasificación de ALCOA

Os deputados populares conclúen a súa valoración indicando que estes datos confirman que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo cree e está comprometido coa Mariña lucense.

ORZAMENTOS DA XUNTA EN 2015 PARA A MARIÑA

Actuacións máis relevantes por contía Orzamento
Ampliación do Hospital 1.000.000,00
Corredor (Tramo Celeiro- San Ciprián) 9.640.000,00
Acceso ao Porto de Burela 6.121.738,00
EXPLOTACIÓN DEPURADORAS DE RIBADEO E ALFOZ 1.320.000,00

OUTRAS ACTUACIÓNS A MARIÑA 

RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA EN FOZ 334.253,68
POLÍGONO INDUSTRIAL A PONTENOVA 163.196,20
POLÍGONO INDUSTRIAL VIVEIRO 3.250,00
CONSORCIO DA REDE BÁSICA DE ABASTECEMENTO PARA  CERVO E BURELA 415.000,00
MANTEMENTO DE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS 1.031,00
OPERATIVIDADE SERVIZO DE GARDACOSTAS Viveiro 1.950.000,00
ÁREA DE MAR DE CELEIRO 7.500,00
CENTRO DE FORMACIÓN AGRARIA PEDRO MURIAS Ribadeo 26.978,97
CENTRO DE CULTIVOS MARIÑOS DE RIBADEO 105.000,00
REPARCIÓN DE EDIFICIOS, CASCOS HISTÓRICOS E NÚCLEOS RURAIS (vivendas promoción pública) 
VIVEIRO 8.928,57
MONDOÑEDO 8.925,57
REPARCIÓN DE EDIFICIOS, CASCOS HISTÓRICOS E NÚCLEOS RURAIS (outros investimentos) 
VIVEIRO 3.571,42
MONDOÑEDO 3.571,42
CONVENIO COA FEDERACIÓN LUCENSE DE CONFRARÍAS DE PESCADORES 27.000,00
CONVENIO DE COLABORACION CON ALCOA INESPAL, S.A. 500.000,00
 
TOTAL ORZAMENTOS 2015 21.639.944,83