Partido Popular de Lugo

José Fernández: “As obras que desenvolve Besteiro en Cervantes derríbanse antes de rematarse”

Cervantes, 22 de outubro de 2014.- O voceiro do PP de Cervantes información hoxe dunha situación que se pode ver no municipio e chama a atención dunha maneira considerable.

O popular asegura que as chapuzas de Gómez Besteiro xa rebasan a liña do esperpento e proba diso vese nun muro que a Deputación de Lugo está a desenvolver na localidade, que, sen rematar, xa está destruído.

José Fernández explica que se trata dun muro que a Deputación de Lugo empezou a construír fai aproximadamente dous meses, no lugar de Donís, non se rematou, e xa está convertida en escombro 

Unha construción, informa, enmarcada no plan provincial de cooperación a obras e servizos, que custa aos lucenses máis de 28 mil millóns de euros, concretamente, 28.130,34 e se atopa nestas pésimas condicións antes de ser acabada; “máis de 28 mil euros dos cidadáns invertidos en escombros”- lamenta.

Denuncia o popular que ao carón da obra está colocado un vistoso indicador anunciando “ Acondicionamento e mellora do acceso desde as Pontes de Donís a Donís P.K. 0 700- p.k 1.400”; un cartel moi visible que contrasta coa realidade que vemos ao seu carón.

Conclúe o voceiro popular neste concello que esta situación é un símil das actuacións de Gómez Besteiro: aparentar con fotos e imaxes pero ao traballo e ao bo facer cero.