Guitiriz 21 de outubro de 2014.- O alcalde de Guitiriz, Xosé María Teixido denunciou hoxe que a Deputación de Lugo volva coas súas escusas para negarse a arranxar os problemas que causou no municipio e que día a día sofren os veciños.
O popular definiu a creación dunha comisión como unha clara escusa de Gómez Besteiro para non arranxar o conflito nas rúas Mercado e Deputación da vila.
Teixido denunciou que Gómez Besteiro e os seus socios no Ente Provincial non asistiron ao acto de entrega e recepción das obras nas rúas Deputación e Mercado; unha cita á que o Concello de Guitiriz convocou fai dúas semanas.
Manifesta o popular que xustamente, un día antes do encontro, o Organismo Provincial propuxo a creación dunha comisión, o que demostra unha clara escusa e a negativa de Gómez Besteiro para solventar o conflito causado por él mesmo
Informa Teixido que malia a non estar presente ningún axente dos convocados, o Concello realizou o acto de entrega e recepción de obras e notificouno á correspondente acta para que o Organismo alegue o que estime oportuno.