Partido Popular de Lugo

BALSEIRO LEMBRA QUE XA EXISTE UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN CONTRA A AVESPA ASIÁTICA E ANIMA A INTENSIFICAR A LOITA CONTRA ESTA ESPECIE

Santiago, 21 de outubro de 2014.- O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que a Xunta de Galicia xa ten en marcha un protocolo de actuación contra a avespa asiática, e animou a intensificar, tal e como está a facer a Xunta, os medios de loita contra esta especie invasora.

Así o aclarou o deputado popular no seo da Comisión de Agricultura, Alimentación e Montes celebrada esta mañá no Parlamento de Galicia, onde os populares rexeitaron unha iniciativa do BNG na que se demandaban iniciar distintas accións “que o Goberno galego xa ten en marcha”.

“Os populares rexistramos unha emenda instando á Xunta a continuar co desenvolvemento deste protocolo, que o BNG non debera descoñecer nin desprezar, porque ademais foi consensuado cos propios profesionais e cos apicultores, e que xa se leva aplicando desde que se detectou a presenza desta especie, na nosa Comunidade”, dixo.

PROGRAMA DE VIXILANCIA

Balserio aclarou que o Programa de Vixilancia e Control fronte á avespa asiática xa inclúe as medidas que os nacionalistas pedían que se impulsases. En concreto, o Goberno galego elaborou un plan de actuación que incorpora accións de vixilancia activa (capturas de avespas mediante trampas, retirada de niños polos servizos de emerxencia), medidas de vixilancia pasiva (protocolización dos avisos por parte da cidadanía da posible existencia de niños) e accións divulgativas (dirixidas á sociedade e cursos de formación específicos para o persoal implicado no recoñecemento e retirada de niños)

A maiores, a Xunta xa  dispón de información actualizada sobre a extensión e distribución desta avespa en Galicia, a través dos resultados obtidos do programa de vixilancia e control desenvolto durante o ano 2014 e que resulta accesible no apartado de apicultura na páxina web da Consellería