A Mariña, 20 de outubro de 2014.- Os deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra adiantaron hoxe que a Xunta de Galicia destinará en 2015, preto de 10 millóns de euros para a obra do corredor no treito de titularidade autonómica entre Celerio e San Ciprián.
Serán en concreto 9,64 millóns de euros os que o Goberno galego destine a esta actuación, a de altas prestacións da Costa Norte, que permitirán dar un notable impulso a estas obras, que se reiniciaron semanas atrás, coincidindo coa visita do Presidente da Xunta e da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.
Este importantísimo respaldo económico tanto polo seu obxecto -a construción dunha nova estrada que permitirá a mellora das comuniacións- como na súa contía, –un dos máis importantes de Galicia-
permitirán, facer fronte ao obxectivo do Goberno: que o corredor poida entrar en servizo no primeiro trimestre do ano 2016
ACCESO AO PORTO
Esta non é a única obra relevante en materia de infraestruturas na Mariña lucense. Tamén hai previstos 6,12M€ para a obra de acceso ao porto de Burela. Os deputados salientan a importancia desta infraestrutura tan demandada polo alcalde e polo goberno local de Burela e tan importante para a conectividade por estrada das instalacións portuarias e para a eliminación de tráfico pesado no interior da vila.
Os orzamentos da Xunta tamén incorporarán en 2015, 1,32 millóns de euros para a explotación das depuradoras de Ribadeo e Alfoz
O adianto inclúe só algúns dos investimentos máis relevantes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a nosa comarca, explican os deputados populares, que non dubidan en falar das contas de 2015 como o orzamento máis inversor na historia recente da Mariña lucense.