Monterroso, 18 de outubro de 2014.- A voceira do PP en Monterroso, Pilar Varela, acusou esta mañá ao rexedor de atribuír á residencia o lugar de solución dos problemas dos veciños.
Explicou a popular que unha anciá dunha parroquia de Monterroso dirixiuse ao alcalde para que lle colocase a luz na farola da súa vivenda e a solución que lle dou Antonio Gato nun primeiro momento foi irse para residencia.
“Con esta actuación, o rexedor demostra que a solución dos problemas dos anciáns de Monterroso está na residencia”- denunciou a popular, quen cualificou a Gato de irresponsable.
A popular tidlou de falsos os anuncios do rexedor dicindo que “había moita demanda” para acudir a residencia posto que a día de hoxe atópanse no centro catro usuarios.
Pilar Varela cree que Antonio Gato está desesperado por mandar aos seus veciños para a residencia e denuncia que, nun primeiro momento, prime esta decisión antes que solucionarlle os problemas.