Partido Popular de Lugo

Balseiro resalta a implicación da Xunta con Lugo e critica que Besteiro deixe á provincia en segundo plano

Sábado 18 de outubro de 2014.- Logo de que no día de onte a conselleira do Medio Rural e o presidente da Deputación de Lugo asinaran un convenio para que os 67 concellos da provincia recibirán axudas para ampliar, mellorar e manter os camiños, o secretario xeral do PP de Lugo e voceiro de montes do grupo parlamentario popular, José Manuel Balseiro, agradeceu a conselleira Rosa Quintana a súa implicación coa provincia e denunciou que Gómez Besteiro deixase este compromiso en segundo plano para atender antes as súas actividades como secretario xeral do PSdeG.

O popular afirmou que dos catro presidentes dos Entes Provinciais, Gómez Besteiro foi o último en asinar este convenio; unha demora que se debeu a que o socialista  priorizou a axenda do Partido á da Deputación.

Esta acción demostra o que “vimos denunciando os populares dende sempre: o total pasotismo e a despreocupación de Besteiro polos Concellos da provincia de Lugo”, – manifestou Balseiro, quen denunciou que Gómez Besteiro antepoña as súas accións de secretario xeral do PSdeG ás de presidente do Organismo provincial.

O popular lembroulle a Besteiro que atender e servir aos Concellos da provincia de Lugo é a súa obriga e a día de hoxe son moitos os rexedores que están agardando a que os reciba polo que o instou a antepoñer as súas obrigas de colaborar cos concellos como presidente do Organismo ás das rutas como secretario xeral do PSdeG.

Con respecto ao Plan Marco, Balseiro puxo en valor o Plan Marco 2014-2015, que este ano conta cunha cuantía superior ao da anualidade 2013-2014, e salientou os preto de 7 millóns cos que se beneficiarán os 67 concellos lucenses para ampliar, mellorar e manter camiños de titularidade municipal na provincia.