O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, sinalou que a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo que condena ao Concello de Viveiro pola mala xestión das instalacións do porto deportivo, cando estas eran unha concesión municipal, “respaldan a liña de traballo que con rigor e profesionalidade seguiuse desde Portos de Galicia para velar pola mellora dos servizos portuarios que se lle prestan aos seus usuarios”.
Así o asegurou o deputado popular no transcurso da Comisión de Pesca do Parlamento galego que tivo lugar esta tarde e na que o Presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán aclarou varios aspectos do contido desta sentenza, así como amosou a súa satisfacción, compartida polo Grupo Popular, polo aval xudicial ao traballo que se desenvolveu desde a Administración autonómica e que consistiu fundamentalmente en dar por caducada a concesión, feito que aconteceu no ano 2011, e poñer en marcha un novo concurso, para garantir a calidade do servizo.
En primeiro lugar que a Xustiza declara textualmente “a inexistencia de responsabilidade patrimonial de Portos de Galicia” e, en segundo lugar, que a mesma sentenza atribúe dita responsabilidade patrimonial cos usuarios que adquiriron un amarre á concesionaria do porto deportivo, a sociedade Turviveiro e ao Concello de Viveiro
PEDIR PERDÓN
Balseiro foi máis lonxe e asegurou que o Goberno local ademais de facer fronte ás indemnizacións de xeito inmediato, tería que pedir perdón aos usuarios do porto deportivo e asumir a súa incompetencia, pola que case malogran unhas instalacións básicas para a promoción turística do municipio.
O deputado popular aplaudiu tamén que, como consecuencia da relación de incumprimentos nos que incorreu o Concello, e a falta dos investimentos comprometidos, a o Goberno galego viuse obrigado a actuar para garantir o bo funcionamento da concesión
“Portos de Galicia, como outorgante da concesión, ten a obriga de velar polo respecto das condicións que a suxeitan e así o fixemos. Mantivemos en todo momento o control e supervisión sobre o funcionamento desta concesión e cando tivemos constancia de irregularidades actuamos, como era a nosa responsabilidade”, asegurou Jose Juan Durán
Ademais, en aras da maior transparencia da acción da Administración Pública, Portos de Galicia e en concreto eu mesmo, comparecín ante esta Comisión en varias ocasións para dar explicacións sobre o proceso de caducidade desta concesión