A Mariña, 9 de outubro de 2014.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, sinalou hoxe que a Xunta de Galicia vén de conceder axudas por preto de 100.000 euros para os servizos de orientación de emprego promovidos na Mariña lucense.
Máis en concreto, o Goberno galego achega os recursos económicos necesarios para que os concellos de Burela, Foz, Ribadeo, Viveiro e Cervo (este último xunto con Alfoz e O Valadouro) poidan contratar ou prorrogar ao persoal técnico que se encarga de realizar o asesoramento en materia de información, orientación e busca de emprego
Gracias ao apoio económico do Goberno galego estes profesionais especializados, que están en contacto e colaboración permanente co Servizo Público de Emprego de Galicia (oficinas de emprego), exercen as súas funcións desde a sede dos distintos concellos mencionados, onde executan distintas iniciativas dirixidas á mellora da capacidade de inserción laboral das persoas desempregadas e incluso ofrecen apoio profesional personalizado, segundo as circunstancias dos usuarios que se achegan a este servizo.
Galicia volve a contar cunha rede pública de técnicos de orientación laboral composta por 462 profesionais. Co conxunto da provincia de Lugo estas axudas chegan a preto de 20 concellos cun volume de axudas autonómicas que se aproximan aos 317.000 euros, un terzo delas invístense na comarca da Mariña lucense.