Negueira de Muñiz 8 de outubro de 2014.- O voceiro do PP en Negueira de Muñiz, José María Braña denunciou esta mañá a realización de obras públicas en casas particulares pagadas con fondos públicos.
O popular puxo de exemplo un caso, onde se están construíndo, con cartos de tódolos veciños as beirarrúas na casa dun veciño de Negueira de Muñiz e esixiu que se aclare quen decide pagar con fondos públicos unha obra que afecta a un particular.
Criticou o voceiro dos populares o total e puro sectarismo que existe na vila posto que en lugares onde os veciños non votan ao PSOE, non se amaña o alumeado público malia a estar as luces fundidas e impedir así a visibilidade.
Así as cousas, José María Braña, invitou a Gómez Besteiro a visitar o municipio e ver a discriminación existente entre a parte de abaixo do pobo e a de arriba, posto que na segunda, está todo abandonado e sen amañar.