Partido Popular de Lugo

O PP de Mondoñedo denuncia a falta de mantemento na rede de sumidoiros

Mondoñedo, 08 de outubro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo denuncia a falta de mantemento por parte do equipo de goberno local da rede de sumidoiros.

Neste senso, os populares explicaron que as escasas labores de limpeza nos sumidoiros da localidade provoca que as primeiras choivas fortes estean a converter as rúas do municipio en “auténticos ríos”.

O mantemento inadecuado, que responde ao abandono ao que o PSOE e o BNG está a someter á localidade, provocan que se tupan os sumidoiros e que a auga pluvial descorra polas rúas coas conseguintes consecuencias que pode implicar para os veciños; ademais das molestias innecesarias para os transeúntes.

Estase ante unha circunstancia, segundo manifestaron dende o PP, que afecta de forma xeneraliza ao casco histórico e que o equipo de goberno siga a despreocuparse dando as costas aos veciños, pode chegar a ocasionar inundacións e danos.

Ante isto, o Partido Popular de Mondoñedo esíxelle a nacionalistas e socialistas que realicen as labores de limpeza destes condutos e que, deste xeito, se manteñan en bo estado de conservación as rúas da localidade.