Partido Popular de Lugo

López Penabab salienta o paso adiante dado pola Xunta para a construción do emisario da depuradora de Vilaselán

Ribadeo, 1 de outubro de 2014.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, salientou hoxe o importante paso adiante dado pola Xunta como consecuencia do próximo inicio das obras de construción do novo emisario da depuradora de Vilaselán.

O dirixente popular explicou este é o último paso do compromiso da Xunta cunha infraestrutura que, ademais de prestar servizo aos veciños de Ribadeo, trae consigo unha notable mellora ambiental e blindará a protección do ecosistema acuático, xa que suporá o fin dos vertidos directos ao río das augas tratadas na EDAR.

MÁIS DE 19 MILLÓNS DE EUROS

López Penabad lembrou que esta nova infraestrutura estará financiada integramente pola Xunta e conta cun orzamento superior aos 600.000 euros, que se apoian nunha partida xa contemplada nos presupostos da Xunta para a anualidade en curso e que formaba parte das demandas formuladas desde o PP local.

López Pebanad quixo agradecer ao Goberno galego este novo esforzo inversor que, segundo sinalou, volve a situar a Ribadeo como un dos puntos preferentes do apoio da Xunta. De feito tanto a posta en marcha da EDAR, como a súa explotación e agora a construción do emisario supuxeron unha millonaria achega do Goberno galego superior aos 19 millóns de euros.

Desde o PP lamentan con ironía que o alcalde nacionalista teña un argumento menos para queixarse da Xunta e lembran que para Ribadeo xa supuxo un notable avance a posta en marcha da depuradora, inaugurada polo Presidente da Xunta en 2011.