Partido Popular de Lugo

O GPP logra a rectificación da Deputación e que mellore o servizo de reserva de prazas para catamaráns

A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, resaltou o logro acadado á raíz do rexistro da moción plenaria debatida esta mañá e que permitiu a rectificación da Deputación e o anuncio da conseguinte mellora do sistema on line de reserva de prazas para catamaráns.

Os populares lembran que os usuarios non podían facer reservas nin en horario de tarde nin de fin de semana, polo que Candia cualificou o anuncio recollido en prensa como “dun paso máis alá”; ao tempo que lamentou que na sesión plenaria celebrada esta mañá socialistas e nacionalistas se negasen a atender outras deficiencias.

Os populares lembraron que existe outra serie de reivindicacións que trasladaron non só dende o Partido Popular, senón tamén dende entidades e asociacións da zona, e que pasan, nalgún caso, por correccións tan básicas como a colocación dun teléfono fixo no Club Náutico de Doade. Os populares lamentan que co voto en contra de socialistas e nacionalistas á iniciativa popular, o equipo de goberno non se comprometese a corrixilas.

“Estamos ante unha falta de vontade” do equipo de goberno da Deputación, que nunha iniciativa plenaria de outubro de 2012 recoñeceu a existencia destas deficiencias “pero que a día de hoxe se negan a subsanar”.

O GPP defende este atractivo turístico e que se potencie polo que non acepta que se xestionen mal as rutas en catamarán. “Teñen que funcionar mellor e deben funcionar mellor. Os catamaráns son unha reclamación, e a Ribeira Sacra é un tesouro natural, polo que os turistas pese a que se enfadan volven, pero debemos garantir a boa atención aos usuarios”.

Moción lista máis votada

A maiores desta iniciativa, os populares presentaron unha moción na que reivindican que goberne o partido máis votado. “O que gañe as eleccións será o partido que goberne”.

Así, os populares explican que non votaron a favor desta moción por que se poñen nerviosos tendo en conta que aplicar este mesmo criterio na Deputación, levaríaos a perder o goberno. Os populares lembran que PSOE e BNG xuntos teñen 3.216 votos menos co PP.