Partido Popular de Lugo

O Concello de Palas de Rei arranxará o tramo da estrada provincial LU-P-4011 que descorre polo municipio

O Concello de Palas de Rei arranxará o tramo da estrada provincial LU-P-4011 que descorre polo municipio, despois de que o PSOE e o BNG na Deputación de Lugo negáranse esta mañá a aprobar a urxencia que permitiría debater a moción presentada polos populares e na que se reclamaba a adecuación desta vía,  que comunica Palas de Rei con Monterroso.

O deputado popular, Fernando Pensado, tras falalo co alcalde da localidade, Pablo Taboada, explicou que “os veciños non teñen porque soportar a desatención da Deputación”, polo que a administración local “primeiro adecuará o tramo e despois discutirá a titularidade da estrada”.

O popular fixo esta apreciación despois de que o responsable de Vías e Obras, Manuel Martínez, chegase a asegurar que esta infraestutura non é da súa competencia.  “Na documentación do Concello a estrada figura como provincial”, asegura.

Moción de Urxencia

Os populares lembran que presentaron onte vía urxencia esta iniciativa despois de que máis de 250 persoas dos concellos de Palas e Monterroso a través dun escrito reclamasen a adecuación desta infraestrura, que presenta un pésimo estado de conservación.

A postura dos socialistas e nacionalistas durante a sesión plenaria celebrada esta mañá convértese nun exemplo máis que evidencia a desatención da Deputación de Lugo ante as reclamacións dos veciños.

“Ao PSOE e ao BNG na Deputación non lles importan que os afectados estean a sufrir pinchazos, roturas de llantas e mesmo saídas de vía”, matizou o popular Fernando Pensando, quen engadiu que cando menos as administracións teñen o deber de “non causarlle prexuízos innecesarios á cidadanía”.