Ribas de Sil, 25 de setembro de 2014.- Logo de que o Diario Oficial de Galicia publique no día de hoxe unha liña de axudas para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para o desenvolvemento de actividades culturais, o voceiro do PP de Ribas de Sil, Jesús Ballesteros salientou os preto de 10.000 euros que a Xunta de Galicia concede ao municipio para adquirir equipamento para desenvolver actividades culturais.
“Concretamente 9.938,96 euros destina o Goberno galego para a adquisición de equipamento”, puntualizou o popular, quen afirmou que isto é unha mostra do compromiso do executivo en materia cultural.
Esta axuda, explicou o popular, está englobada nas subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a Concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.