Negueira de Muñiz, 23 de setembro de 2014.- o voceiro do PP en Negueira de Muñiz, José María Braña, denunciou esta mañá o mal funcionamento da instalación náutica no encoro de Salime malia a custarlle aos lucenses preto de 20 millóns das antigas pesetas.
O popular criticou que cando baixa o embalse a instalación queda “literalmente colgada”, o que demostra a súa mala construción e o seu mal funcionamento.
O voceiro dos populares en Negueira de Muñiz achaca este feito a “outra das chapuzas de Besteiro”, quen destinou unha elevada cantidade económica para unha infraestrutura que funciona mal, resulta moi pequena e desempeña un escaso servizo.