Partido Popular de Lugo

JAIME CASTIÑEIRA:”FOI UN GOBERNO DO PP O ÚNICO QUE MODIFICOU A LEXISLACIÓN AO RESPECTO DOS DESAFIUZAMENTOS A FAVOR DO CONSUMIDOR”

Santiago,  24 de setembro de 2013.- O voceiro de Vivenda do PPdeG defendeu hoxe no Parlamento que “foi un Goberno do PP o único que modificou a lexislación ao respecto dos desafiuzamentos, a favor do consumidor,  e outros gobernos que os precederon non foron quenes de mellorar o sistema e ofrecer solucións aos cidadáns”. Nese sentido recordou que o Real Decreto 11/2014 xa modifica a Lei  de Enxuízamento Civil e o deudor hipotecario poderá interpoñer recurso de apelación contra o auto que desestime a súa oposición a execución, se esta se fundara na existencia dunha cláusula contractual abusiva.

Ata o de agora, indicou Jaime Castiñeira, tan só podía interpoñer recurso de apelación o acreedor pero agora tamén o poderá facer o consumidor, perfeccionándose deste xeito a normativa española (Lei 1/2013) e adaptándoa á europea.

Ao respecto da familia desahuciada en Aríns, en Santiago de Compostela, o voceiro de Vivenda do PPdeG indicou que “as sentenzas se deben acatar e cumprir aínda que non sexan agradables” e indicou que o Concello de Santiago e a Xunta “ofrecéronlle axuda a familia a través dos Servizos Sociais remitíndoos ao IGVS, o cal ofreceulles a posibilidade dunha vivenda do plan de realoxo, do que foron informados o día 8 do presente mes pero en ningún momento chegaron a presentar a documentación necesaria para a súa concesión”.

O deputado popular referíuse ao ex-alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, indicando que “quero pensar que cando vostede era alcalde se acataban e cumprían as sentenzas”.